Seguimos facendo sesións de papeis á cubeta, esta vez con
novas propostas que xa desvelaremos outro día, porque hoxe escribimos para
facervos unha proposta.
Xa vos ensinamos algún papel e imaxes de cómo os facemos, posto
que é moi gratificante ver a reacción da xente cando lle explicas o proceso, como cosigues os distintos efectos… Pero en realidade o máis chulo é ver como se fan e,
aínda máis, probar a experiencia de facelos un mesmo.
Por iso cando nos porpuxeron que As Chiflas organizaran un
taller con esta temática, pareceunos unha gran idea, e comezamos facendo un aquí en Vigo.
Se vos interesa pasar un bo rato, tendes ganas de explorar
novas técnicas e intercambiar opinións, tendes unha colorida cita no
ZOOgráfico.
Polo de agora deixamos o cartel
Bo día!
Vaya que pena! Justo ese día estaré fuera de Vigo... estaré atenta por si organizáis otro :)
ResponderEliminarVaya...
ResponderEliminarA ver si coincide la próxima!