lunes, 21 de enero de 2013

Taller de encadernación



Esta entrada vai dedicada a explicar un pouco en que vai consistir o taller que temos preparado.

Trátase dunha libreta con encadernación de "estructura cruzada", chamada así polo xeito particular que ten a portada de entrelazar unha parte con outra para así poder servir de base para coser o interior.




Escollemos esta libreta porque é unha boa toma de contacto coa encadernación feita a man, xa que podemos explicar conceptos básicos a ter en conta. Non é complicada de facer, ten un deseño sinxelo pero bastante curioso que, ademáis, admite bastantes variantes.


No curso explicaremos os tipos de materiais máis axeitados para facela, e mostraremos distintos deseños.

Faremos todos un deseño parecido,tamaño cuartilla, pero seguramente todas as libretas sexan diferentes a pesar de contar cos mesmos materiais de base:
_papel de cor branco
_cartulina negra ou "tabaco" (a da libreta da foto)


Se estades interesados, tedes que porvos en contacto con ZOOgráfico en:
Tel. 679 072 499
zoografico_tienda@hotmail.com
Avda/ Atlántida, 32 Bouzas-Vigo



Nesta foto  mostramos un pouco do proceso e material necesario, para que vos animedes:)


lenda da foto:
1_ folios tamaño A4
2_ cartulina de 300 gr
3_ folios cortados á metade
4_ pregrado
5_ agrupamos
6_ picamos o papel
7_ e cosemos!


lunes, 14 de enero de 2013

Tras o éxito do taller de papeis marmoreados, en Zoográfico anímannos con outro.
Como quedamos tan contentos co último taller de papeis marmoreados, animámonos con outro. Esta vez facemos unha libretiña moi versátil, xa que é sinxela pero con estilo.
Non utilizaremos adhesivos: papel, cartulina e fío son os materiais necesarios, que facilitaremos no taller xunto coas ferramentas necesarias.


*iremos adiantando máis información



Cartel do taller. click para ver máis grande