lunes, 21 de enero de 2013

Taller de encadernación



Esta entrada vai dedicada a explicar un pouco en que vai consistir o taller que temos preparado.

Trátase dunha libreta con encadernación de "estructura cruzada", chamada así polo xeito particular que ten a portada de entrelazar unha parte con outra para así poder servir de base para coser o interior.




Escollemos esta libreta porque é unha boa toma de contacto coa encadernación feita a man, xa que podemos explicar conceptos básicos a ter en conta. Non é complicada de facer, ten un deseño sinxelo pero bastante curioso que, ademáis, admite bastantes variantes.


No curso explicaremos os tipos de materiais máis axeitados para facela, e mostraremos distintos deseños.

Faremos todos un deseño parecido,tamaño cuartilla, pero seguramente todas as libretas sexan diferentes a pesar de contar cos mesmos materiais de base:
_papel de cor branco
_cartulina negra ou "tabaco" (a da libreta da foto)


Se estades interesados, tedes que porvos en contacto con ZOOgráfico en:
Tel. 679 072 499
zoografico_tienda@hotmail.com
Avda/ Atlántida, 32 Bouzas-Vigo



Nesta foto  mostramos un pouco do proceso e material necesario, para que vos animedes:)


lenda da foto:
1_ folios tamaño A4
2_ cartulina de 300 gr
3_ folios cortados á metade
4_ pregrado
5_ agrupamos
6_ picamos o papel
7_ e cosemos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario