viernes, 13 de julio de 2012

Verán 2012

Xa viña tocando unha entrada con material xa rematado, verdade?
Pois sen máis explicación, ahí van imaxes dos novos cadernos. Esperamos que vos gusten!
Libreta de encadernación en tapa solta con lombo e puntas reforzados con tea.
Decoración con papel ó engrudo

Libreta de encadernación en tapa solta en tamaños A5 e  A6 (aproximados). Ambas están forradas de tea e o A5 ten unha ventá na que poder  personalizar o caderno co uso que se lle vaia dar, un debuxo...

Libreta de costura copta de tamaño A5 (aproximado) e decorada cun papel  ó engrudo con efecto degradado


Álbum con costura xaponesa forrado en tea negra e decorado cun papel ó engrudo.

Libretas de tapa blanda e costura vista no lombo.

jueves, 12 de julio de 2012

As Chiflas festivalean!

Ola!
Non marchamos, non, nin acabaron con nosco os franceses da Reconquista. Aínda que un pouco afastadas das redes sociais, nós seguimos no "dobla, corta, pinta, pega e cose" para ofrecervos novos modelos e deseños, tanto en cadernos coma en álbumes.
Antes de amosarvos todo iso, imos dedicar a entrada de regreso ás vindeiras datas nas que estaremos dispoñibles, como non, nun ambiente de festa.
Confirmamos asistencia os festivales de música Portamérica e Brincadeira, dúas citas nas que ademáis de disfrutar dos concertos, contan con diversas actividades culturáis que agora vos contamos un pouquiño.

Comezamos con Portamérica, un festival que se fará en Porto do Molle, en Nigrán. Na súa primeira edición trata de conectar os dous lados do Atlántico cun cartel de 18 grupos, seccións como Mercainnova ou Gastro que pretenden promover un espíritu emprendedor, descontos en actividades nas que disfrutar do entorno como o kayak, surf, padelsurf, escalada… 19, 20 e 21 de xullo.



Por otutra banda, o Brincadeira - Rock in Cambre leva xa unhas vinte edicións e conta con nada máis e nada menos que 85 actuacións repartidas en cinco zonas de música. Ademáis conta cun Festival de Cine Independente, Concurso de Fotografía, mostra de artesanía e disque moitas sorpresas máis.
No caso de que non poidades permitirvos pagar a entrada e queredes ver o que se coce, o domingo ten entrada gratuíta, así que tendes a oportunidade de pasar por alí. Toda visita é benvida! 9, 10, 11 e 12 de agosto.


E alí estaremos para ofrecer o diario no que escribir as experiencias deste verán, ou para atopar o álbum no que pegar as fotos ou mesmo as entradas do festival.
E lembrámosvos a nosa sección de artesanía en coiro, na que atopar carteiras, caixas, adornos... e na que poderedes facer unha trenza para lucir a melena.