jueves, 22 de noviembre de 2012

Papeis marmoreados


Seguimos facendo sesións de papeis á cubeta, esta vez con novas propostas que xa desvelaremos outro día, porque hoxe escribimos para facervos unha proposta.
Xa vos ensinamos algún papel e imaxes de cómo os facemos, posto que é moi gratificante ver a reacción da xente cando lle explicas o proceso, como cosigues os distintos efectos… Pero en realidade o máis chulo é ver como se fan e, aínda máis, probar a experiencia de facelos un mesmo.
Por iso cando nos porpuxeron que As Chiflas organizaran un taller con esta temática, pareceunos unha gran idea, e comezamos facendo un aquí en Vigo.

Se vos interesa pasar un bo rato, tendes ganas de explorar novas técnicas e intercambiar opinións, tendes unha colorida cita no ZOOgráfico.

Polo de agora deixamos o cartel 
Bo día!