miércoles, 10 de octubre de 2012

De cubetada!!

A semana pasada estivemos facendo papeis á cubeta, ou marmoreados.
É unha técnica que consiste en botar a pintura sobre unha xelatina moi líquida para así poder facer estes efectos tan curiosos e difíciles de controlar.
Como con unha imaxe estas cousas compréndense mellor, deixámosvos unhas para que vexades o proceso e tamén algún dos resultados que tivemos.
preparar as cores, a xelatina, cortar o papel...  e plastificar a mesa tamén!

cubetas, botes con pintura e algúns papeis a secar

a xelatina cun resto de pintura

botando a pintura cun pincel

cando está o debuxo rematado, pomos o papel sobre a xelatina

con coidadiño non queden burbullas de aire

e despois sácase o papel escorrendo a xelatina contra o borde

tachán!


Se queredes mirar o resultado da sesión, hai fotos no ábum do facebook. Entrade e así dicides cal vos gusta máis!

1 comentario:

  1. Pero qué bonito! Pero podéis añadir también un poco de información acerca de qué tipo de gelatina es mejor usar, o qué tipo de pinturas y papel...

    ResponderEliminar