A semana pasada estivemos facendo papeis á cubeta, ou marmoreados.
É unha técnica que consiste en botar a pintura sobre unha xelatina moi líquida para así poder facer estes efectos tan curiosos e difíciles de controlar.
Como con unha imaxe estas cousas compréndense mellor, deixámosvos unhas para que vexades o proceso e tamén algún dos resultados que tivemos.
 |
| preparar as cores, a xelatina, cortar o papel... e plastificar a mesa tamén! |
 |
| cubetas, botes con pintura e algúns papeis a secar |
 |
| a xelatina cun resto de pintura |
 |
| botando a pintura cun pincel |
 |
| cando está o debuxo rematado, pomos o papel sobre a xelatina |
 |
| con coidadiño non queden burbullas de aire |
 |
| e despois sácase o papel escorrendo a xelatina contra o borde |
 |
| tachán! |
Se queredes mirar o resultado da sesión, hai fotos no
ábum do facebook. Entrade e así dicides cal vos gusta máis!
Pero qué bonito! Pero podéis añadir también un poco de información acerca de qué tipo de gelatina es mejor usar, o qué tipo de pinturas y papel...
ResponderEliminar